28.03.2012
Mais de 200 escolares participaron o pasado sábado 24 no campionato provincial de judo do programa Xogade
Tomaron parte nesta xornada os deportistas de Ferrol, A Coruña e Lugo, coa participación de 57 judokas en categoría feminina e 166 en categoría masculina.
Os combates estiveron caracterizados por unha grande intensidade, xa que estaban en xogo as catro prazas que dan dereito a participar no Cto. Galego da competición escolar. A pesar disto, a deportividade foi exquisita entre todos os competidores.
O Xefe de Servizo Provincial, D. Roberto García, e o Concelleiro de Deportes do Concello de Cambre, D. Fernando Caride Suárez, fixeron entrega das medallas aos clasificados.
Vistas: 705