Deporte Galego - Secretaría Xeral para o Deporte Deporte para toda a vida

10.04.2012

Comeza o Campionato de España de Voleibol en idade escolar

O Campionato de España Escolar por seleccións Autonómicas de Voleibol comeza hoxe coa participación da selección Galega nas categorías cadete e infantil tanto masculina coma feminina.

Imprimir
Hoxe día 10 de Abril deu  comezo o Campionato nas localidades de Blanes e LLoret del Mar (Cataluña), neste campionato participan as 19 Comunidades e Cidades Autónomas de España e supón a 4ª proba no calendario de competicións escolares por CC.AA.

 

A delegación galega chegou onte ao lugar de celebración sobre  as 19:00 horas e procedeu coa acreditación sen ningún problema. En total a delegación está composta por 63 persoas entre deportistas, adestradores e oficiais.

 

O Campionato desenvolverase o longo de toda a semana disputándose  as finais o día 14 pola maña, ao remate das mesmas os nosos representantes voltarán a Comunidade.

 

Hoxe resulta un día clave para os nosos equipos xa que todos disputan 2 partidos, no día de mañá todos os equipos disputarán 1 partido  rematando  a fase de grupos inicial, o resultado que acaden as nosas selección nesta fase determinará os futuros cruces das mesmas e as posibilidades de obter medallas. 

 

Encontros día 10 de abril:

 

 

Infantil Feminino

 

Galicia – Baleares (13:00hrs)  

 

Galicia – Andalucía (20:00hrs)

 

 

Infantil Masculino

 

Galicia- Andalucia (11:00hrs)

 

Galicia –Baleares (18:00hrs)

 

 

Cadete Feminina

 

Galicia-Asturias (11:00 hrs)

 

Galicia-Madrid(20:00hrs)

 

 

Cadete  Masculino

 

Galicia-Canarias (13:00 hrs)

 

Galicia – Andalucia (18:00hrs)

 

 

 

Vistas:  800