
UNHA ESCOLA DE FORMACIÓN DO DEPORTE
A Escola pertence á Secretaría Xeral para o Deporte, e ten entre outras funcións a de promover e autorizar as ensinanzas deportivas no período transitorio que desenvolven as federacións deportivas galegas, conducentes á obtención do diploma de adestrador deportivo de Nivel I, II ou III do deporte correspondente.
Outra importante función da Escola é o deseño de programas de actuacións formativas puntuais que se desenvolverían con formatos diversos como xornadas, seminarios ou congresos ao respecto de temas concretos relacionados co deporte,
A Lei xeral do deporte de Galicia fala de que a Administración autonómica elaborará os programas das ensinanzas de técnicos de acordo coas competencias que lle corresponden á comunidade autónoma, e que establecerá os programas de formación e perfeccionamento de técnicos en materia deportiva en colaboración coas federacións deportivas galegas. Neste mesmo capítulo descríbese á Escola Galega para o Deporte como o centro reitor das ensinanzas deportivas no ámbito de Galicia e tamén o centro de documentación deportiva.
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636