A COMUNIDADE GALEGA CONTA CON 333 DEPORTISTAS RECOÑECIDOS COMO DE ALTO NIVEL
Galicia conta con 333 deportistas recoñecidos como de alto nivel (DGAN) despois do procedemento que culminou a finais do mes de outubro de 2010, tras a cal se incluíron 41 novos deportistas que se engaden á lista confeccionada no mes de xuño.
O deporte con máis recoñecementos no último procedemento foio o piragüismo con dez deportistas. En atletismo, judo e ciclismo recoñecéronse a 3 deportistas por modalidade, en automobilismo, balonmán, golf, natación remo e vela, a dous por modalidade, e en caza, fútbol, motociclismo, triatlón, pesca, taekwondo e tiro olímpico, 1 recoñecido por modalidade.
Na listaxe de Deportistas Galegos de Alto Nivel están figuras como os campións olímpicos Antón Paz, Carlos Pérez Rial ou Fernando Echávarri, así como o dobre medallista olímpico David Cal ou o campión de Europa de Tríatlon, Javier Gómez Noya ou as medallistas mundiais de taekwondo, Andrea Rica ou Fani Hernández.
Así, en xaneiro do ano 2004, púxose en marcha o procedemento para o recoñecemento dos Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), co que se pretende recoñecer e apoiar os e as deportistas máis destacados no ámbito nacional e internacional, incentivando a súa dedicación ao deporte de alto nivel.
A cualificación dos e das deportistas de alto nivel e dos programas de beneficios que a estes se dirixen regúlanse a través do Decreto 6/2004 do 8 de xaneiro. Os deportistas e as deportistas galegas que queiran ser recoñecidos como deportistas de Alto Nivel deben:
Documentación a presentar :
1.- A solicitude orixinal, (Que se descarga mais abaixo, ver onde pon : Modelo de solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)), que debe vir asinada polo interesado e tamén selada e asinada pola Federación, debe presentala entre o 1 e o 30 de xuño ou de novembro na Secretaria Xeral para o Deporte ou nos servizos provinciais ou por correo.(Neste caso e
importante que na solicitude figure o selo de correos coa data na que foi enviada).
Non vale enviala por fax ou por correo electrónico.
2.- Fotocopia do DNI.
3.- Certificado orixinal de empadroamento nun concello galego.
4.- Certificado orixinal de ter licenza deportiva expedido pola federación galega que corresponda dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude.
Os beneficios dos que gozan os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel refírense ao eido educativo, ao laboral e ao económico. No resérvanse unha porcentaxe de prazas nos estudos universitarios e de Formación Profesional coa dispensación do cumprimento de requerimentos deportivos para o acceso ás titulacións de técnicos deportivos. No terreo de a condición de Deportista Galego de Alto Nivel considérase un mérito avaliábel nas probas de selección de prazas relacionadas coa actividade deportiva e convocadas polas administracións públicas. No pódese establecer un programa específico de axudas económicas para os e as Deportistas Galegos de Alto Nivel que cumpran os requerimentos deportivos que se soliciten nunha determinada convocatoria.
Actualmente son 333 os e as deportistas galegos/as que teñen o recoñecemento de DGAN.
Modelo de Solicitude Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
Orde 30 Maio 2005 - Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
Decreto 6 - 2004 Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN)
Listado provisional subsanacion solicitudes axudas DGAN 2009
Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2010 (DOG 15.02.2011)
Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Novembro 2010 (DOG 13.04.2011)
A Fundación Deporte Galego publica a Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, para a súa preparación deportiva e para obter a clasificación para os xogos olímpicos/xogos paralímpicos de londres 2012
Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2011 (DOG 16.04.2012)
Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Novembro 2011 (DOG 25.04.2012)
Lista de recoñecidos como DGAN - solicitudes Xuño 2012 (DOG 27.11.2012)
![]() |
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636