Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Galicia saudable

A XUNTA ELABORA UN PLAN ESTRATÉXICO PARA O FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA

O Goberno galego está traballando un plan galego o fomento da actividade física e contra o sedentarismo que terá un horizonte de acción para os vindeiros catro anos, converténdose nun verdadeiro obxectivo político e institucional. Unha proposta que nace da necesidade de frear a tendencia á alza dos índices de obesidade, que na última década se teñen triplicado en España e que, segundo os datos dispoñibles, consumen o 7% do investimento do Goberno en sanidade.

O plan quere promover o hábito da práctica regular de actividade, consciente da importancia da súa práctica na infancia, principalmente no ámbito educativo e familiar. Por iso avoga por traballar nos ámbitos educativos e no estímulo ás familias para lograr a adquisición de hábitos saudables entre os máis pequenos, ao tempo de lograr estender a concepción do exercicio físico como unha ferramenta de saúde.

Os primeiros pasos de este proxecto foron dados cando o Consello da Xunta coñeceu un informe da Secretaría Xeral para o Deporte sobre sedentarismo e actividade física que será o punto de partida para se elaborará un Plan estratéxico para o fomento da actividade física e a creación dun Observatorio da práctica deportiva e a alimentación saudable baixo a marca “Galicia Saudable”.

O plan, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte, dependente da Presidencia da Xunta, contará coa participación das consellerías con competencias na materia educativa, social, empresarial e económica, de transporte, urbanismo, etc., así como dos axentes deportivos e dos sectores implicados.

A Xunta espera que este plan sexa consensuado coas forzas políticas que compoñen o arco parlamentario galego, co fin de convertelo nunha acción preferente da Administración autonómica e nun compromiso institucional con cada un dos cidadáns, independentemente da titularidade do goberno autonómico.

O plan estratéxico incorporará intervencións e accións concretas en diferentes áreas que van desde o eido político, pasando polo educativo e sanitario, o propio de promoción ou as intervencións sistemáticas con programas específicos de actividade física.


Descarga o Plan Director de Galicia Saudable.
Descarga a ficha para enviar achegas / suxestións sobre o Plan.

Siga as últimas novas de Galicia Saudable en:

Acceda as plataformas/ferramentas do plan a través de:

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Urbanización La Rosaleda, Rúa Ourense, 6 - 15701 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds