A XUNTA DE GALICIA APOSTA POLOS XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS ESCOLARES (XOGADE) PARA O FOMENTO DA PRÁCTICA DE ACTIVIDADE FÍSICA.
A Secretaría Xeral para o Deporte presentou en 2009-2010 o seu novo programa de deporte escolar denominado "XOGADE"; Xogos Galegos Deportivos, en idade escolar, un nome que ademais pon en evidencia unha das súas intencións: utilizar o XOGO como ferramenta de traballo que permita iniciar os mozos en diferentes disciplinas deportivas asegurando o seu desfrute. O carácter lúdico aumentará a posibilidade dun uso posterior no desfrute do seu tempo libre, colaborando a crear hábitos de vida activos e saudables.
Xogade recolle toda a actividade deportiva en idade escolar promovida e promocionada dende a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o deporte), documentación que pode ser descargada da páxina web: www.deportegalego.es (Banner de XOGADE).
Para o curso 2010 - 2011 o programa Xogade presenta melloras nas actividades levadas a cabo no ano anterior e introduce novas actividades encamiñadas ao fomento do xogo tradicional galego, a concienciación dos valores educativios que aporta a práctica de actividade física e deportiva, o achegamento das actividades dos clubes deportivos aos nosos escolares e a concesión de diferentes prêmios en materiais deportivos a centros escolares.
Ademais destas novidades e melloras,o Goberno Galego ampliará por 1ª vez o seguro deportivo para todos os deportistas galegos 6 a 16 anos, independientemente da sua modalidade deportiva, como medida fundamental de cara a promoción do deporte base.
PROGRAMA XOGADE 2010 – 2011:
- Actividade deportiva: Actividade deportiva que recolle as experiencias máis exitosas que se repiten ano tras ano con unicamente algunha variación de mellora en canto á estrutura organizativa ou á incorporación de novas modalidades deportivas, como foi o Béisbol e Sofbol no curso actual.
Consta con 22 modalidades deportivas nas cales se disputan fases: comarcais, intercomarcais, provinciais, autonômicas e nacionais nagún dos casos.
- Actividade lúdica: O seu obxectivo principal é o achegamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas mediante xornas lúdicas impartidas por técnicos das federacións nos centros escolares.
A través do XOGO os nenos e as nenas de primaria, secundaria e, coma novidade este ano Bacharelato, teñen a posibilidade de divertirse ao mesmo tempo que realizan, en moitos dos casos, a súa primeira inmersión en diferentes deportes.
Tendo en conta a gran demanda desta actividade no ano anterior, a Secretaría Xeral para o Deporte viu necesario o incremento desta actividade aumentando a oferta lúdica con 7 modalidades novas. Entre elas atópanse: Xadrez, Baile Deportivo, Béisbol , Remo, Rugby, Voleibol e Ximnasia na escola.
Outras novidades:
- Actividade Deportiva Federada en Idade Escolar. A Secretaría Xeral para o Deporte facilitará o seguro deportivo a todos/as os deportistas federados de 6 a 16 anos que participen nas diferentes actividades que organicen las 59 federaciones galegas.
- Coñece o meu Club. Co obxetivo de acercar aos escolares os recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, creando así un vínculo importante entre o centro escolar e os Clubes da localidade.
- Xogos Populares: A Secretaría aposta por facilitar a práctica do xogo popular e tradicional galego entre os seus escolares, poñendo en práctica un taller itinerante con expositores, baul de xogos e diferente material didáctico que axudará a todo o profesorado no traballo interdisciplinar deste contido.
- Educación Deporte e Valores: a través da práctica físico deportiva colaborase na educación integral dos nenos e nenas grazas, entre outros, os valores que se xeneran côa practica desta actividade. Por ello porase a disposición dos centros educativos exposicións itinerantes e guias didácticas que posibiliten a vivencia dunha semana temática basada na importância destes multiples valores.
Finalmente, e tamén como novidade, a Secretaría Xeral para o Deporte quere premiar os centros escolares con maior participación no Programa XOGADE con diferentes materiais deportivos que lles axuden a continuar co seu labor de difusión da actividade físico deportiva.
Acceso a Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (Xogade)
![]() |
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636