Licenciado en Dereito, en Psicoloxía e en Filosofía e Ciencias da Educación, cursou diversos masters de especialización, como o Business Administration da Universidade de California do Sur, o Máster sobre a Unión Europea, das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo e o Centro Europeo Atlántico, e o Máster en Xestión Pública da UNED.
José Ramón Lete Lasa pertence ao Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia. Desde 1978 a 1990 formou parte como profesional do baloncesto dos equipos Estudantes de Madrid, CAI de Zaragoza, Breogán de Lugo, Obradoiro de Santiago e o Bosco de Vigo.
Ao longo da súa traxectoria profesional, ten ocupado os seguintes cargos:
- 1988. Xefe do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- 1994. Secretario Provincial do Servizo de Saúde de Pontevedra en Vigo da Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
- 1995. Inspector de servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.
- 1997. Director xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas, Ministerio da Presidencia.
- 2003. Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
- 2005. Subdirector xeral de Promoción Deportiva da Consellería de Cultura e Deportes da Comunidade de Madrid.
- 2007. Director xeral de Deportes da Comunidade de Madrid.