Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

18.05.2012

A CORUÑA ACOLLERÁ O ACTO DE ENTREGA DAS DISTINCIÓNS AO MÉRITO DEPORTIVO DE GALICIA

Grandes figuras do deporte mundial como Amancio Amaro, Marcelino e Fernando Romay serán distinguidos nesta ocasión.

Imprimir Atrás
O acto de entrega das Distincións ao mérito deportivo de Galicia desenvolverase, o vindeiro xoves 24 de maio ás 19:30h, no Paraninfo da Universidade da Coruña.

 

As Distincións ao mérito deportivo foron creadas por resolución do secretario xeral para o Deporte (DOG do 4 de novembro de 2010) e son concedidas en recoñecemento da labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou tiveran contribuído ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e a educación física en Galicia.

 

O xurado está presidido por José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte, o secretario é Carlos Gómez Martínez, subdirector xeral de Deporte, e conta con 18 vocais:

 

ENTIDADE
 
NOME
SX para o Deporte
Xefe do Servizo prov. de A Coruña
Roberto García Fernández
SX para o Deporte
Xefe do Servizo prov. de Lugo
José Manuel Rozas Bello
SX para o Deporte
Xefe do Servizo prov. de Ourense
Mario Guede Fernández
SX para o Deporte
Xefe do Servizo prov. de Pontevedra
Daniel Benavides Alonso
Fundación deporte galego
Xerente
Javier Rico Díaz
Fac. CC do Deporte e a Educ. Física
Decano
Rafael Martín Acero
Fac. CC da Educ. e do Deporte
Decana
Francisca Fariña Rivera
Asoc. Olímpicos gallegos
Presidente
Carlos Pérez Alonso
Federacións
Participante en 4 XXOO
José Alfredo Bea García
Federacións
Presidente UFEDEGA
Jesús Pedrido Conde
CRTVG
Área de deportes
Ana Carragal
Diario de Pontevedra
Redactor Xefe de deportes
David Acevedo
El Correo Gallego
Xefe de deportes
Nicolás Navaza
El Ideal Gallego
Redactor Jefe de deportes
Lois Novo
El Progreso
Coordinador de deportes
Luís Rúiz
Faro de Vigo
Redactor jefe de deportes
Juan Carlos Álvarez
La Región
Jefe de deportes
José Luís Díaz
La Voz de Galicia
Xefe área de deportes
Fernando Hidalgo

 

 

Entre os galardoados destacar a presenza de Amancio Amaro, Marcelino Martínez, Severino Reija e José Fidalgo Veloso, son catro dos cinco galegos gañadores da Copa de Europa do ano 1964 (Luís Suárez xa foi recoñecido no ano 2011). Tamén se recoñecerá a Fernando Romay, prata nos Xogos olímpicos de Los Angeles´84, e a outras destacadas persoas e entidades. (Axúntase lista completa).

 

O secretario xeral para o Deporte destacou que “Estas distincións son o necesario recoñecemento para os grandes do deporte de Galicia. Sen eles non se podería entender o deporte galego de hoxe”. Así mesmo expuxo a súa satisfacción “de poder recoñecer a aqueles que destacaron en diferentes facetas do deporte, dende grandes deportistas como Amancio ou Fernando Romay, ata directivos que puxeron en marcha proxectos sen os que hoxe non entenderíamos o deporte galego, como a familia Rodríguez,  ou entidades como o CB Breogán SAD que sitúan a Galicia na elite do deporte”.

 

Dende a Secretaría xeral para o deporte queren mostrar o seu agradecemento a todos os galardoados, aos seus familiares, e a todos os membros do xurado pola colaboración mostrada para que o vindeiro xoves podamos gozar duna festa do deporte de Galicia.

 

Premiados Distincions ao merito deportivo

Vistas:  1051

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds