Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

13.07.2012

CONSTITUIDO O COMITÉ GALEGO DE XUSTIZA DEPORTIVA

Durante esta primeira sesión, os membros procederon á elección do seu Presidente, sendo finalmente elixido para o cargo Miguel Juane Sánchez.

Imprimir Atrás
Logo da publicación o pasado mércores no diario oficial de Galicia da resolución do 4 de xullo de 2012, da secretaría xeral para o Deporte, pola que se nomean os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva, o máximo órgano da xustiza deportiva galega celebrou no día de hoxe en Santiago de Compostela a súa sesión constitutiva.

 

Nesta nova etapa, forman parte do Comité Miguel Juane Sánchez, Cristina Pedrosa Leis e María Dolores Rodríguez Rodríguez, permanecendo no mesmo Ángel Luis Rebolledo Varela e Rafael Tena. As suplencias serán asumidas por María Teresa Álvarez Villaverde (quen xa ocupara a función de secretaria neste órgano en anteriores etapas) e Miguel Meleiro Vázquez. Todos os membros do Comité son recoñecidos avogados con experiencia acreditada en distintos ámbitos do Dereito.

 

Durante esta primeira sesión, os membros procederon á elección do seu Presidente, sendo finalmente elixido para o cargo Miguel Juane Sánchez.

 

Trala sesión, os membros do Comité foron recibidos polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, quen tivo unhas palabras de benvida para todos eles.

Vistas:  851

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds