Novas
09.07.2012
Loita >> Éxito Organizativo no “1º Torneo de Grappling de O Porriño”
O club deportivo Alakran Vermelho de O Porriño, en colaboración co Club de Loita “El Catro”, a Federación Galega de Loita e D.A. e o Concello de O Porriño, organizaron o primeiro evento deportivo de esta modalidade deportiva.
O pasado sábado 7 de Xullo, tivo lugar o 1º Campionato de Grappling de O Porriño, acollendo a deportistas de A Coruña, Cangas, Vigo e O Porriño. A convocatoria tivo un gran seguimento de público, amosando a socialización que esta disciplina ten na comarca.
Cabe destacar a árbitra autonómica Vanesa Piñeiro Otero (Club de Loita O Morrazo), quen dirixiu con gran solvencia toda a competición, así como o Xefe de Tapiz, o árbitro nacional, Jose Manuel Pereira Martínez (Club de Loita “El Castro”).
A clasificación final por entidades quedou do seguinte xeito:
1º- Club Graiño Team de A Coruña.
2º- Club de Loita Independiente de Vigo.
3º- Club de Loita O Morrazo.
4º- Club de Loita “El Castro”.
Agradecer a implicación dos clubes e dos organizadores para seguir desenrolando actividades de este tipo.
Fonte: Federación Galega de Loita.
Vistas: 641