Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

21.06.2012

Triatlón >> Gómez Noya competirá en Kitzbühel cos Brownlee por vez primeira esta tempada

Será a cuarta proba das Series Mundiais do 2012 e a primeira oportunidade de ver en acción a Alistair.
A proba feminina celebrarase o sábado 23 e a masculina o domingo 24.

Imprimir Atrás
A proba das Series Mundiais de Tríatlon de Ktizbühel reunirá por vez primeira esta tempada aos irmás Brownlee e a Javier Gómez Noya. A cita será o domingo 24 de xuño a partir das 15:00 horas e xunto a eles estarán os mellores triatletas do mundo, a pouco máis dun mes da celebración dos Xogos Olímpicos, a cita máis importante deste ano.

Será a cuarta proba das Series Mundiais e a máis interesantes ata o momento polos nomes dos seus participantes. En Austria debutará Alistair Brownlee, actual campión do mundo, que sufriu unha lesión no talón de Aquiles hai uns meses e aínda non competiu na presente tempada. Será unha boa oportunidade para ver o seu estado de forma a mes e medio da celebración dos Xogos. E xunto a el, o seu irmán Jonathan que logrou a vitoria nas dúas últimas probas das Series Mundiais (San Diego e Madrid) e o galego Javier Gómez Noya, que gañou a única proba na que competiu esta tempada (o Campionato de Europa). A incógnita será saber cómo enfrontan esta proba os deportistas, xa que todos eles teñen moi claro cal é o seu obxectivo: Chegar nas mellores condicións a Londres 2012. En representación de España tamén acudirá Mario Mola, que competirá nos Xogos xunto a Javi Gómez Noya.
 
Os deportistas terán que nadar os 1.500 metros no lago Schwarzsee, despois realizarán os 40 quilómetros en bicicleta por un percorrido técnico e con bastantes subidas e finalizarán coa carreira a pe, nun trazado cha e rápido.

A proba feminina celebrarase o sábado 23 (15:00 horas) con Andrea Hewitt como gran favorita, xunto á suiza Nicola Spirig. A única española presente na proba será Zurine Rodríguez.

Fonte: Federación Galega de Triatlón

Vistas:  460

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds