15.05.2012
Este sábado 19 de maio tiveron lugar na Provincia da Coruña un Cto. Galego e as finais provinciais de varios deportes, coa participación dos representantes das zonas Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.
Por unha banda, a cidade da Coruña acolleu o Cto. Provincial de Fútbol-Sala, distribuido en 5 pavillóns. A competición desenrolouse nun clima de boa competitividade, co triunfo final dos seguintes equipos:
- Categoría Benxamín mixto: Milladoiro “A”.
- Categoría Alevín masculino: “Mare Nostrum”.
- Categoría Alevín feminino: “Viajes Amarelle”.
- Categoría Infantil masculino: “Victoria C.F.”
- Categoría Infantil feminino: “Comarcal A Fervenza”.
Ao mesmo tempo, tivo lugar en Carballo (en tres pavillóns) o Cto. Provincial das mesmas categorías, coa colaboración do Concello de Carballo e a delegación de balonmán.
Por outra banda, disputouse en Narón o Cto. Provincial de Tenis de Mesa, coa colaboración da A.D. “El Castillo” e a Federación Galega. Destacó el Club Narón T.M.Nesta mesma xornada, tivo lugar o Cto. Galego de Duatlón, organizado en Boiro coa colaboración da Federación Galega de Triatlón. A xornada desenvolveuse con normalidade ao longo da mañçá do sábado, resultando vencedoras as seguintes entidades:
- Categoría Benxamín feminino: CLUB ATLETISMO TUI THERMALIA
- Categoría Benxamín masculino: DEXTER TRIATLON COMPOSTELA
- Categoría Alevín feminino: TRIATLON MAR DE VIGO
- Categoría Alevín masculino: TRIATLON FERROL
- Categoría Infantil feminino: CIDADE DE LUGO FLUVIAL
- Categoría Infantil masculino: TRIATLON FERROL
- Categoría Cadete feminino: DEXTER TRIATLON COMPOSTELA
- Categoría Cadete masculino: OLIMPICO DE VEDRA
O domingo día 13 de maio disputáronse ademáis outras dúas finais provinciais, en horario de mañá:O Cto. Provincial de Ximnasia Rítmica, no Pazo dos Deportes de Riazor, coa participación de 280 deportistas, e un papel destacado do Club “Acordes”. Colaborou na organización do evento a Delegación Coruñesa de Ximnasia Rítmica, destacando na clasificación as seguintes entidades:
- Categoría Benxamín: Escuela Municipal de Carral.
- Categoría Alevín: Club Ximnasia Coruña.
- Categoría Infantil: Club Ximnasia Rítmica Viravolta.
- Categoría Cadete: Escola Municipal de Abegondo “B”.
O Cto. Provincial de Patinaxe, nas instalacións de Elviña II, coa colaboración do “Club Patinaxe Brincadeira”. Neste evento tomaron parte 150 deportistas, que competiron nas categorías de Primaria e Secundaria:
- Categoría de Primaria, grupo pequeno: “Colexio Liceo La Paz”.
- Categoría de Primaria, grupo grande: “Fontiñas”.
- Categoría de Secundaria, grupo pequeno: “Club Brincadeira”.
- Categoría de Secundaria, grupo grande: “Fontiñas”.
@XOGADE
Vistas: 747
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636