15.05.2012
O xoves día doce presentouse de forma Oficial o Campionato de España de Ximnasia Rítmica Cadete e Judo Infantil e Cadete, no Concello de Cáceres.
A xornada do sábado dia 12 a modalidade de ximnasia dedicou a mañá aos adestramentos oficiais, medicións de aparellos, entrega de músicas e fichas. Pola tarde comezaron ca reunión de xuíces e desfile inaugural. As 17.30h dou comezo a competición de Aro que rematou a final da tarde ca competición de pelota.
Na derradeira xornada de competición na modalidade de ximnasia competiron coas Mazas e as cintas, entegando os trofeos as 14.00h. Así mesmo na modalidade de judo ramataron os infantís masculinos e femininos das distintas pesaxes, facendo a entrega de trofeos as 14.30h.
Os resultado obtidos polos deportistas galegos son os seguintes:
Na modalidade de Ximnasia:
A participación da nosa Comunidade na clasificación global queda no posto 14.
Na modalidade de Judo:
Igual de espectacular foi o 1º posto obtido na categoria infantil por Alberto García, 2ª Irene Morín Jimenez y 3ª Luz Crecevich, sin desmerecere o s 5º postos acadados Elsa Montero Gestal, José Riopedre Fernández e Andrea Robla.
Parabéns a todos eles polos resultados obtidos,e pola súa participación neste Campionato Escolar.
Mais información: @xogade
Vistas: 612
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636