04.05.2012
O pasado fin de semana, do 27 ao 1 de maio celebrouse en Liencres y Santander (Cantabria) o Campionato de España en idade Escolar de Orientación e Tenis de Mesa.
A competición de Orientación comezou o 27 cas acreditacións e reunións técnicas proseguindo o sábado 28 e domingo 29 cas competicións de longa distancia e distancia media en Arroyo-Campoo. O luns levousee a cabo a competición sprint na Península da Magdalena (Santander) así coma a entrega de trofeos da competición individual. O campionato rematou o 1 de maio ca competición de relevos na praia de Liencres así coma entrega de trofeos de dita competición.
Do mesmo xeito o Campionato de Tênis de Mesa comezou o venres cas acreditacións e reunións técnicas e de árbitros máis sorteos. O sábado e domingo xogáronse as probas por equipos e o luns as probas individuais. O martes 1 foron os cuartos de final, semifinais, finais así coma a ceremonia de entrega de trofeos. Todas as probas se xogaron no Pavillón da Universidade de Cantabria.
Os resultados obtidos polos nosos escolares no Campionato de Orientación son un 4º para Alejandro Alvarez Toyos en Infantil masculino, un 15º posto para Artur Carballo en Cadete masculino, en 23º lugar Julia Fuertes Saco en Infantil feminina e no 36º Teresa Bellón Santos en Cadete feminina. Por comunidades autónomas en infantil masculino Galicia obten un 5º posto, o 9ª en Infantil femenino e en Cadete masculino, así coma un 10º posto en Cadete feminino.
No referente os resultados de Tenis de Mesa, Galicia queda subcampeona en Equipo Infantil feminino e 5ª no de Infantil e Cadete masculino, e un duodécimo posto en Cadete femenino. En individuais Santiago Prieto obten un tercer posto na categoría infantil,Pilar García un noveno posto na mesma categoría e na categoría cadete no mesmo posto Juan Lois.
Vistas: 674
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636