Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

03.05.2012

Triatlón >> Galicia buscará ser protagonista no Campionato de España de Dúatlon en Águilas

Haberá unha importante participación tanto en elite, coma júnior e cadete.

Imprimir Atrás

Galicia tentará ser protagonista no Campionato de España de Dúatlon Elite que se desenvolverá esta fin de semana en Águilas. Para iso despraza a un completísimo equipo nas diferentes categorías (elite, cadete e júnior).

Este torneo celébrase en Águilas (Murcia) despois de que Segovia renunciase á organización do evento, polo que se retrasou uns días sobre a data prevista inicialmente. Este retraso tamén provocou a ausencia dalgúns deportistas, ao non pode viaxar nesa nova data. Aínda así está garantida unha importante participación con 700 deportistas nas diferentes categorías.

O Campionato de España de Dúatlon comezará o sábado 5 coa disputa da proba cadete (10:00 horas, saída masculina e 10:03 para a feminina). A Federación Galega de Tríatlon estará representada por un destacado equipo formado por 17 homes e 10 mulleres. Na proba masculina participarán un total de 97 deportistas, mentres que na feminina 58 e terán que realizar un percorrido de 3 quilómetros de carreira a pe, 10 quilómetros en bicicleta e finalizarán con 1,5 de carreira. O pasado ano Galicia logrou nesta categoría tres medallas individuais e dúas colectivas: Antonio Serrat e Diana Cotón lograron a medalla de prata, mentres que Xiana Rendo foi bronce. Os tres estarán presentes na edición deste ano, aínda que Antonio e Diana cambiaron de categoría.
 
Na clasificación de clubs, o Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión de España na categoría cadete feminina, mentres que o Arcade foi bronce nesta mesma categoría.

Júnior. A segunda proba en disputarse en Águilas será a júnior cunha participación de 122 duatletas na proba masculina e 32 na feminina. Tamén aquí, Galicia estará moi ben representada e confía en acadar magníficos resultados, tal e como fixera o pasado ano (tres medallas individuais -Miriam Casillas foi ouro, Camila Alonso prata e Roberto Barral, bronce- e unha colectiva -Galaico Cidade de Pontevedra logrou o ouro na categoría júnior masculina-). As distancias son 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

O sábado pola tarde disputaranse as probas de grupos de idade masculino (10 quilómetros-40-5) coa participación de 208 deportistas. O domingo pola mañá celebrarase a proba de paradúatlon (09:00 horas) e grupos de idade feminina ((10:05)

Elite. A proba elite (e sub 23) celebrarase o domingo 6eas distancias serán de 10 quilómetros de carreira a pe, 40 en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pe. A proba feminina (10:00 horas) contará coa presenza de 10 deportistas de clubs galegos que van coa intención de loitar polos primeiros postos e se é posible polo título. Marta Jiménez (Cidade de Lugo Fluvial), Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Fani Domínguez (Cidade de Lugo) son algunhas das grandes favoritas.

Na proba masculina (12:30 horas) haberá 11 galegos entre os 81 inscritos e varios deles con ganas de loitar polo podio. Jesús Gomar (Cidade de Lugo Fluvial), que está a facer unha tempada excepcional, e Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo) son algunhas das bazas galegas. O pasado ano non houbo medallas a nivel individual na elite, pero si colectivas co ouro de Cidade de Lugo Fluvial na categoría feminina.

 

REPRESENTANTES GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ELITE

 

Feminina

Melina Alonso

Tríatlon Ferrol

 

 

Miriam Casillas

 

Tríatlon Ferrol

 

 

Fani Domínguez

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Agnes Eppers

 

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Tamara Gómez

Tríatlon Ferrol

 

 

NazaretGonzález

 

Arcade Inforhouse

 

 

Marta Jiménez

Cidade de Lug Fluvial

 

 

Verónica Montes

 

A.D. Fogar

 

 

Laura Mosquera

Arcade Inforhouse

 

 

Anna Viñolas

 

Arcade Inforhouse

 

Masculina

Luís Calvo

Arcade Inforhouse

 

 

Rubén Castro

 

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

José Manuel Curieses

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Nicolás Domínguez

 

Arcade Inforhouse

 

 

Jesús Gomar

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Jorge Martín

 

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Diego Paz

Arcade Inforhouse

 

 

Gustavo Platas

 

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Alexis Rodríguez

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Gustavo Rodríguez

 

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Óscar Vicente

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

 

 

 

REPRESENTANTES GALEGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA JÚNIOR

Feminina

Camila Alonso

Tríatlon Ferrol

 

Leticia Baña

Tríatlon Ferrol

 

 

Carolina Basanta

Cidade de Lugo Fluvial

 

Natalia Basanta

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Laura Blanco

Cidade de Lugo Fluvial

 

Diana Cotón

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Bárbara Penas

Arcade Inforhouse

 

Teresa Candal

Dexter Tríatlon Compostela

 

 

Cristina García

Olímpico de Vedra

Masculina

Alejandro Álvarez

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Roberto Barral

Arcade Inforhouse

 

Ignacio Castro

Arcade Inforhouse

 

 

Francisco Cendán

Dexter Tríatlon Compostela

 

Ricardo Feliciano

Arcade Inforhouse

 

 

Alejandro Fernández

Cidade de Lugo Fluvial

 

Ignacio Manso

Cidade de Lugo Fluvial

 

 

David Mariño

Dexter Tríatlon Compostela

 

Ricardo Sardinheiro

Arcade Inforhouse

 

 

Antonio Serrat

Cidade de Lugo Fluvial

 

José Manuel Vázquez

Dexter Tríatlon Compostela

 

Fonte: Federación Galega de Triatlón

Vistas:  616

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds