27.04.2012
O vindeiro sábado 28 de abril celébrase no Pavillón a Pinguela(Monforte de Lemos) a derradeira fase da competición de Taekwondo exhibición e combate para as categorías infantil, alevín e cadete co Campionato Galego, nel se darán cita o redor de 600 deportistas.Esta actividade está dentro do programa de Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte está organizado polo Servicio Provincial de Lugo, a Federación Galega de Taekwondo e o Ximnasio Neka de Monforte de Lemos.
Esta competición escomenzará cunha reunión de árbitros as nove da mañá, a continuación dará comezo a competición de exhibición (10:30h), na que participan as categorías infantil e cadete cunha realizando a entrega de medallas o remate das diferentes categorías.O primeiro e segundo clasificado da categoría cadete obteñen praza para o Campionato de España de Exhibición. Posteriormente farase un descanso para xantar e de novo se retomará a competición a partir das 16:00h coa competición de Combate na que participan as categorías alevín e infantil.
Participan uns 600 deportistas, escolares de toda a Comunidade das categorías benxamín e alevín. Espectacular resulta o que estes deportistas presentan un programa coreográfico con música no que se combinan a actividade deportiva (defensa persoal) ca arte escénica implicando equilibrio, axilidad e coordinación nas súas exhibicións. Así como complexo é o sistema empregado nos seus combates das categorías alevín e infantil nos que requiren de unha serie de proteccións regulamentarias adaptadas a estas categorías para garantir a súa protección e seguridade e cun sistema sofisticado e moi actual como son os petos electrónicos para que todo se desenrole a perfección.
É unha cita importante para o disfrute desta modalidade deportiva cós deportistas escolares máis destacados da Comunidade.
Vistas: 748
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636