Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

25.04.2012

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA A LISTA DE DEPORTISTAS RECOÑECIDOS POLA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE COMO DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO NIVEL

347 deportistas galegos teñen actualmente o recoñecemento de Deportista galego de alto nivel

Imprimir Atrás
A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral para o Deporte ven de resolver o procedemento de recoñecemento da condición de Deportista galego de alto nivel (DGAN) do pasado mes de novembro. Nesta convocatoria recoñecéronse a 38 deportistas que, unidos aos 309 que xa gozaban desta condición, son 347 os actuais DGAN. As modalidades con máis deportistas recoñecidos son piragüismo, vela Taekwondo e atletismo.

 

Ademais dos beneficios económicos a través de becas, os DGAN gozan de vantaxes para acceder a estudos oficiais e para compatibilizar a súa actividade deportiva coa académica. O programa DGAN foi posto en marcha no ano 2004 polo actual secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e está regulado polo Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, e pola Orde do 30 de maio de 2005.


Requisitos
A normativa vixente establece que para ser recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel é necesario ter máis de 16 anos na data en que se adopte a resolución de recoñecemento coma DGAN, ter licenza deportiva por unha federación deportiva galega desde o 1 de xaneiro do ano anterior ao do recoñecemento e estar empadroado nun municipio galego no momento de presenta-la solicitude. Así mesmo, esíxese non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva ou sanción administrativa en materia deportiva e acredita-lo nivel deportivo esixido na modalidade practicada.

 

A Comisión de Avaliación e Seguimento para o recoñecemento de DGAN está presidida polo secretario xeral para o Deporte e formada, ademais, polos 4 xefes dos Servizos provinciais de deportes, 4 representantes das federación deportivas galegas, un especialista en materia deportiva e un funcionario que actúa como secretario. A súa función principal é a valoración das solicitudes presentadas, propoñendo o recoñecemento como DGAN dos deportistas que cumpran os criterios establecidos.

 

Novo Decreto do deporte de alto nivel de Galicia
Logo da recente publicación no Diario oficial de Galicia da nova lei do deporte (Lei 3/2012 do 2 de abril do deporte de Galicia), ao longo deste ano 2012 publicarse un novo decreto que substituirá á actual norma do ano 2004 e que conlevará substanciais melloras.


 

 

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012

Vistas:  980

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds