24.04.2012
Este pasado domingo pola mañá celebrouse en Vedra o Campionato Provincial de Duatlon escolar que supón a última proba previa ao Campionato Galego.
A proba foi organizada polo club Olímpico de Vedra coa colaboración do Concello de Vedra e da Federación Galega de Tritlón e Péntatlon Moderno. Contou coa participación de máis de 120 deportistas comezou sobre as 10 coa retirada de dorsais por parte dos competidores, a primeira carreira foi a dos benxamíns sobre as 11:15 horas, seguiron os alevíns e despois os infatís para rematar cos cadetes sobre as 12:45hrs.
A entrega de trofeos e medallas produciuse arredor das 13:30 horas contado para a mesma coa presenza do Don Carlos Martinez Carrillo, Alcalde de Vedra.
Transición |
Vistas: 584
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636