Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

13.04.2012

Voleibol >> Case pleno da nosa selección onte nos cuartos de finais no Campionato de España de Voleibol en idade escolar

A Selección Galega consegue destacar no Campionato de España Escolar por seleccións Autonómicas de Voleibol nas categorías infantil e cadete clasificando a tres dos catro equipos para as semifinais.

Imprimir Atrás

A nosa representación no Campionato de España de voleibol Infantil e Cadete deu unha lección de concentración e bo facer, clasificando a tres dos catro equipos para semifinais, feito histórico para Galicia xa que é a primira vez na historia que o voleibol galego acada estes resultados. So fomos superados por Andalucía, que en categorías inferiores triplica o número de licenzas de Galicia, e conseguimos ter máis representantes nas semifinais que outras comunidades que nos dobran no número de deportistas.

Os encontros foron do máis emocionante cós seguintes resultados:

Infantil Feminino
Galicia –  Asturias   3-1  (25-19/25-10/22-25/25/13)

A Victoria foi moi traballada em catro sets fronte a Astúrias, aínda que puideron rematar a faena no terceiro de non ser porque os nervios propiciaron a remontada das asturianas,quem aproveitarobn a súa oportunidade. Nun cuarto set moi centrado, as galegas realizaron um xogo eficaz e directo que as coloca en semifinais.

Infantil Masculino
Galicia – Catalunya  3-0 (25-18/29-27/25-17)

A selección infantil no seu encontro con catalunya foi moi disputado ainda que o resultado foi moi bo o segundo set resultou bastante apurado.

Cadete Feminina
Galicia – R. Murcia  3-0 (25-8/25-19/25-15)

As cadetes derrotaron con menos dificultade da esperada.

Cadete  Masculino
Galicia- C. Valenciana  2-3 (25-18/21-25/25-20/21-25/15-17)

Non se pode calificar doutro xeito um encontro tan emocionante,que rematou nun 5º set no que os galegos tiveron um punto de partido com 14-13 a favor e saque rival. O saque que pareceu claramente fora, foi declarado nulo polos árbitros, ante a imposibilidade de apreciar se fora dentro ou fora, e apartir dese intre véu a remontada a selección da Comunidade Valenciana, que rematou cun inpoñente  15-17. Polo tanto os nosos disputarán o seu partido do 5º ao 8º posto as 13.00h,fronte a Castilla e León.

Salientar que as semifinais disputaránse hoxe dia 13 ás 19.00h, e todos os partidos terán lugar em Blanes. Os rivais serán os seguintes:
Cadete Feminina: Catalunya- Galicia
Infantil Masculino:C. Valenciana- Galicia
Infantil Feminino: Andalucia- Galicia

Parabéns os nosos representantes!

 

Vistas:  798

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds