Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

12.04.2012

José Ramón Lete Lasa asiste á presentación do Centro Nacional de Vela Adaptada, que terá a súa sede no Real Clube Náutico de Sanxenxo

Imprimir Atrás
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, asistiu hoxe ao acto de firma oficial e presentación do Centro Nacional de Vela Adaptada da Fundación Mapfre, que terá a súa sede oficial no Real Club Náutico de Sanxenxo.

Nun acto que contou coa presenza da Infanta Elena, o presidente e o director xeral do Instituto de Acción Social da Fundación Mapfre, José Manuel Martínez e Fernando Garrido respectivamente, e mailo presidente do Real Clube Náutico de Sanxenxo, Pedro Campos, formalizaron a sinatura pola cal a localidade de Sanxenxo albergará o Centro Nacional de Vela Adaptada, centro que virá a cumprir o dobre obxectivo de promover que discapacitados psíquicos e físicos poidan acercarse ó mundo da vela, así como levar a cabo unha labor de integración a través do deporte

Ao acto tamén asistiron o presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

Vistas:  777

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds