Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

12.04.2012

A nosa selección vai tomando posicións no Campionato de España de Voleibol en idade escolar

A Selección Galega comeza a destacar no Campionato de España Escolar por seleccións Autonómicas de Voleibol nas categorías infantil e cadete ( masculina e feminina).

Imprimir Atrás
Cos partidos de onte rematou a primeira fase do Cto. de España de Voley, con sorte dispar pero en definitiva cumprindo o obxectivo prioritario de manter a categoría,  clasificándose as catro seleccións galegas para cuartos de final.

 

A nosa selección cadete masculina recuperábase da fatiga da durísima xornada previa, na que tivera dous rivais dignos dunha final, atopándose onte cun partido moi sinxelo contra Baleares, que resolveu en 3 sets (25-9, 25-11, 25-20), e que deu ocasión á participación de todos os seus integrantes, e á clasificación no 3º posto do grupo.

 

As chicas en cambio, aseguraron a súa segunda praza no grupo especial 1 cunha traballada vitoria fronte á Comunidade Valenciana, por 2 sets a 3 (16-25, 25-17, 18-25, 25-17, e finalmente 13-15 no derradeiro set).
En canto á categoría infantil, os rapaces conseguiron pasar segundos de grupo tralo seu triunfo contra Extremadura por 1-3 (23-25, 19-25, 25-22, 19-25), mentres que as rapazas pasaron terceiras, despois da súa derrota fronte á Comunidade Valenciana por 1-3 (16-25, 25-20, 19-25, 22-25).
A clasificación da nosa selección segundo as categorias son as seguintes:
Infantil Feminino 3º na Clasificación Especial 2, Infantil Masculino 2º na Clasificación Especial 1, Cadete femenino 2º na Calsificación Especial 1, Cadete Masculina 3º na Clasificación Especial 1.

 

Os cruces de cuartos dispútanse esta tarde e os rivais son os seguintes:
Cadete Masculino: Comunidad Valenciana – Galicia (Blanes). 19.00  na Ciutat Esportiva- Pista 6 (Blanes)
Cadete Feminino: Galicia – Murcia (Blanes). 18.00h  na Ciutat Esportiva- Pista 3 (Blanes)
Infantil Masculino:  Galicia – Cataluña (El Molí, LLoret). 18.00h  no Pavelló El Molí- Pista 1 (Lloret de Mar) 
Infantil Feminino: Asturias – Galicia (Blanes). 18.00h  na Ciutat Esportiva- Pista1 (Blanes)

Selección Galega Infantil Masculina

Selección Galega Infantil Masculina


Vistas:  787

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds