11.04.2012
O vindeiro 15 de abril celebrarase durante todo o día o Campionato Galego de Judo no Pavillón Municipal de Deportes de Arteixo ( A Coruña) nel se darán cita clubs de toda Galicia cos seus mellores deportistas, oito por categoría e peso.
O número de participantes nesta competición será de 64 deportistas de categoría infantil masculino e 64 infantil feminino, 64 cadetes masculinos e 64 cadetes femininas,así mesmo , participarán tres deportistas máis que se clasificaron de xeito directo pola súa participación na Copa Europea celebrada en Fuengirola.
A programación do día será a seguinte:
- Categoría Infantil:
10.15h - 11.15h Pesaxe
11.30h Comezo da competición
13.30h aprox. Entrega de medallas
- Categoría Cadete
12h - 13h Pesaxe
16.30h Comezo da competición
18.30h aprox. Entrega de medallas
Os campións de cada categoría serán os que participen no Campionato de España compartindo cós 3 que optan directos a este mesmo Campionato por ranking:
Alberto Gaiteiro Cadete 55 (Club Finisterre)
Alexis Rosa Cadete 81 (Club Finisterre)
Irene Morín Jiménez Infantil 36 (Club Shiai)
A participación dos clubes de toda Galicia garantiza unha boa competición polo que esperamos contar con unha boa expectación para unha cita de tan alto nivel.
Vistas: 763
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636