Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

28.03.2012

Emoción e intensidade no campionato provincial de judo na Coruña

Mais de 200 escolares participaron o pasado sábado 24 no campionato provincial de judo do programa Xogade

Imprimir Atrás
Máis de 200 judokas tomaron parte este sábado 24 de marzo no provincial de judo de categorías infantil e cadete, do programa “Xogade”, celebrado no polideportivo  municipal de Cambre.

 

Tomaron parte nesta xornada os deportistas de Ferrol, A Coruña e Lugo, coa participación de 57 judokas en categoría feminina e 166 en categoría masculina.

 

Os combates estiveron caracterizados por unha grande intensidade, xa que estaban en xogo as catro prazas que dan dereito a participar no Cto. Galego da competición escolar. A pesar disto, a deportividade foi exquisita entre todos os competidores.

 

O Xefe de Servizo Provincial, D. Roberto García, e o Concelleiro de Deportes do Concello de Cambre, D. Fernando Caride Suárez, fixeron entrega das medallas aos clasificados.

 

Vistas:  856

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds