Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

29.08.2011

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO CONCEDE AXUDAS POR UN IMPORTE DE 450.000 EUROS A 221 DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

Publícase a resolución da Comisión Permanente da Fundación Deporte Galego pola que se conceden 221 axudas a deportistas galegos/as de alto nivel o que supón un incremento dun 7% de beneficiarios/as respecto a convocatoria do exercicio 2010.

Imprimir Atrás
A Fundación Deporte Galego resolveu a convocatoria de axudas a Deportistas Galegos/a de Alto Nivel, para a súa preparación deportiva e para obter a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Londres 2012, concedendo 221 axudas por un importe total de 450.000 euros.

 

O número de beneficiarios/as de cada unha das dúas liñas de axuda da convocatoria é o seguinte:

 

  • Axudas XXOO/XXPP Londres 2012.
    De Pequín 2008 a Londres 2012:
    12 beneficiarios/as. Entre estes beneficiarios/as, os deportistas que obteñen a axuda máis alta (18.000 euros), son David Cal, Carlos Pérez, Javier Gómez Noya, Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez.
    Destino Londres 2012:
    24 beneficiarios/as. Entre estes beneficiarios/as, os deportistas que obteñen a axuda máis alta (6.000 euros), son Andrea Rica, Begoña Fernández, Estefanía Hernández, José Cuba, José Luís Bouza, Lara Cacabelos, Nuria Domínguez, Sofía Toro e Tamara Echegoyen.
  • Axudas DGAN (Deportistas Galegos/as de Alto Nivel)
    185 beneficiarios/as. Entre estes beneficiarios/as, os deportistas que obteñen a axuda máis alta (2.891,72 euros), son Alejandro Vidal, Ana Vanesa Rial, Artemio Formoso, Paula Medín e Rocío García.

 

Tal e como se pode observar na resolución, dado que o ano 2011 é o ano Preolímpico e Preparalímpico, fíxose un esforzo importante para apoiar a todos aqueles deportistas que xa teñen garantida a súa participación nos vindeiros XXOO/XXPP de Londres e a aqueles que aínda están pelexando por obter a súa clasificación. De tal xeito, é a convocatoria na que máis dotación orzamentaria se destinou para apoiar a estes deportistas

Esta resolución efectúase segundo os criterios establecidos nas bases da citada convocatoria, cuxo anuncio foi publicado no Diario oficial de Galicia o día 19 de maio de 2011.

O programa DGAN (Deportistas galegos de alto nivel) foi posto en marcha no ano 2004 polo actual secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Ademais dos beneficios económicos, os DGAN gozan de vantaxes para acceder a estudos oficiais e para compatibilizar a súa actividade deportiva coa académica.

 

 

LISTAXE BENEFICIARIOS/AS E SOLICITUDES DENEGADAS

 

 

Vistas:  4733

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds