Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

30.08.2010

Golf >> Os irmáns Calatayud Campións de Dobres de Galicia

Os días 28 e 29 de agosto celebrouse no Golf Balneario de Mondariz o Campionato Dobres de Galicia Masculino Absoluto e 2ª categoría con vitoria para os irmáns do C.G. La Toja, Eloy e Joaquín Calatayud.

Imprimir Atrás

Un total de 54 parellas disputaron este prestixioso campionato, o primeiro día en modalidade Foursome e o segundo día en Copa Canadá. Dúas modalidades complicadas que aínda o foron máis debido ao intenso calor que deixaba sen aire aos esforzados participantes.

A primeira xornada os resultados non foron espectaculares pero estiveron moi igualados. Os xogadores de segunda categoría Jorge Arceiz e José Benito Vázquez deron a badalada ao firmar unha tarxeta de 78 golpes e colocarse en cabeza da clasificación scratch xeneral. En segunda posición con 79 golpes empataban as parellas de primeira formadas polos irmáns Calatayud Alvarez, Eloy e Joaquín, e Alejandro Cabrera e Yago Lorenzo. E xa con 80 golpes empataban outras cinco parellas: Eladio González e Manuel Valenzuela, José Luis Sinde e o seu fillo Alejandro, Iñigo López-Pizarro e Daniel Novoa, José Mª Fernández e Javier Castromil, e os Campións de 2009, Manuel Carballal e Luis Boado.

O segundo día de competición estaba todo por decidir e así foi case ata o último momento. Os Calatayud demostraron unha vez máis a súa gran compenetración e con un total de 145 golpes na segunda xornada para un resultado final de 224 proclamáronse Campións de Galicia Absolutos. Manuel Carballal cun espectacular resultado individual de 4 baixo par (37/30) puxo todo da su parte para conseguir a vitoria pero nesta ocasión o seu compañeiro Luis Boado non estivo moi fino e non conseguiron baixar de 147, co que sumados aos 80 do primeiro día finalizaron cun total de 227 golpes para ser Subcampións Absolutos de Galicia.

En segunda categoría os vencedores foron os xogadores do C.G. Lugo Angel Castro e Xosé Ramón Canda cun total de 236 golpes (81/155). En segunda posición con 238 golpes os xogadores do R.A.C. Vigo Álvaro Vila e Adolfo Suánzes

En canto á clasificación handicap os xogadores locais Eladio González e Manuel Valenzuela levaron o primeiro premio gracias a un fantástico resultado total de 219 golpes netos. En segundo lugar os xuvenís tamén do club anfitrión, Alejandro Doval e Diego Rodríguez, clasificáronse con 224 golpes.

Fonte: Federación Galega de Golf

 

Vistas:  3757

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds