Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

14.06.2012

Triatlón >> Sete Galegos, na Copa do Mundo de Tríatlon de Banyoles

Galicia estará representada por sete deportistas na Copa do Mundo de Tríatlon de Banyoles, que se celebrará esta fin de semana na localidade catalá.

Imprimir Atrás
É a cuarta proba puntuábel para a Copa do Mundo e a única que se celebra en España esta tempada, coa participación de aproximadamente 1.500 deportistas.

O sábado celebraranse as probas populares e o clasificatorio para o Campionato de España, mentres que o domingo terán lugar as probas da Copa do Mundo. A primeira será a feminina (9:45 horas) e na mesma participarán as galegas Aída Valiño, Marta Jiménez e Estefanía Domínguez. Melina Alonso tamén estaba convocada, pero finalmente veuse obrigada a renunciar por culpa deses problemas físicos que non lle están permitindo render a un bo nivel nas últimas probas. Entre as favoritas destacan Andrea Hewitt (Noa Zelanda), a británica Lois Rosindale (gañadora da Copade Europa de Cremona a pasada fin de semana) e a local Carolina Routier, que coñece mellor que ninguén o percorrido.

A continuación (12:45 horas) terá lugar a proba masculina e tamén cunha importante presenza galega. Os representantes da Federación Galega son Uxío Abuín, Jesús Gomar, Antón Ruanova e Óscar Vicente. Este último ven de facer unha moi boa proba en Cremona, onde logrou entrar no top ten, tras realizar un espectacular segmento de carreira a pe, no que logrou o mellor tempo.
 
Nesta proba tamén haberá importantes deportistas coma os rusos Bryukhankov e Polyanskiy ou o británico David Bishop. Así, dos 17 representantes españois en Banyoles, sete son galegos.

A proba é un tríatlon olímpico (1500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe) e a natación realizarase no lago de Banyoles. O pasado ano organizaron unha Copa de Europa Premium e este ano deron o salto a unha proba da Copa do Mundo.

Fonte: Federación Galega de Triatlón

Vistas:  564

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds