Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

28.03.2012

Triatlón >> Esta fin de semana o Programa de Dúatlon Escolar chega a Viveiro

Este sábado 31 de marzo celebrarase a proba de dúatlon escolar de Viveiro, cunha participación de aproximadamente 100 deportistas. O dúatlon escolar está incluído no programa "Xogade", desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Imprimir Atrás

O programa está formado por sete probas locais (Nigrán, Vilalba, Pontevedra, Ferrol, Maceda, Viveiro e Santiago) que son clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega que se celebrará o día 5 de maio en Boiro. Ata agora celebráronse as probas de Nigrán, Vilalba, Pontevedra, e Ferrol, e Maceda, despois da de Viveiro só quedará pendente a de Santiago (14 de abril).

O sábado 31 de marzo, a partir das 16:00 horas, celebrarase a proba de Viveiro nas proximidades da piscina de Celeiro cunha participación de aproximadamente 100 rapaces das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. A primeira saída está prevista para as 16:00 horas (benxamín) e a última ás 17:30 horas (cadete).

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os participantes correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil, 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

Fonte: Federación Galega de Triatlón

Vistas:  805

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds