Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

21.02.2012

Triatlón >> Galicia, protagonista da Gala Anual da Federación Española de Triatlon

Houbo premios para deportistas, clubs e institucións galegas.

Imprimir Atrás

Galicia foi a gran protagonista da gala anual da Federación Española de Tríatlon, na que se premiou a deportistas, clubs, institucións, patrocinadores, medios e colaboradores deste deporte durante o ano 2011. E como xa é habitual, as e os
deportistas galegos brillaron e moito durante o pasado ano, polo que o seu bo traballo foi recoñecido na festa do tríatlon.

Así, Javier Gómez Noya, que non puido acudir á gala, foi elixido coma o mellor triatleta a nivel internacional; Jesús Gomar foi o mellor triatleta do ano (segundo o ranking estatal); Diana Cotón recibiu o premio como mellor triatleta feminina da categoría cadete; Camila Alonso é a mellor triatleta júnior e Aída Valiño é a campioa do ránking español de Tríatlon Cross.

Pero houbo máis premios: O Cidade de Lugo Fluvial foi elixido coma o mellor club español e o Concello de Pontevedra recibiu o premio pola organización do Campionato de Europa de Tríatlon, galardón que foi recibido polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, quen compartiu o premio coas outras dúas institucións que colaboraron no orzamento do evento (Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra) e coa Federación Galega de Tríatlon.

Ademáis, o alcalde de Pontevedra recibiu a título persoal a medalla de prata da Federación Española de Tríatlon, pola colaboración continuada coa FET durante os últimos catro anos (celebración de tres Copas de Europa e do Europeo de Tríatlon).

E xa para rematar, hai que destacar a medalla de ouro pola traxectoria deportiva que recibiu Iván Raña. O triatleta de Ordes recibiu este recoñecemento ao seu brillante palmarés deportivo e ampla traxectoria de participacións en competicións internacionais. Actualmente, Iván está loitando pola clasificación para os Xogos de Londres, que serían os cuartos a súa carreira.

Fonte: Federación Galega de Triatlón

 

Vistas:  1027

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds