Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

17.04.2011

Taekwondo >> O trío masculino 2 acadou o Bronce no Campionato de España de Técnica en Córdoba

Foi o único metal para unha selección moi renovada.

Imprimir Atrás

A selección galega de técnica tivo que conformarse con só unha medalla no Campionato de España de Técnica, que se celebrou onte en Córdoba. O trío masculino 2, do Kiap de Vigo, logrou un bronce na súa competición.

O certo é que Galicia acudía a este campionato cunha selección absolutamente renovada, polo que o resultado era unha incógnita, aínda que as e os deportistas acudían con moita ilusión ao dito torneo. Pero ao final, non houbo recompensa en forma de medallas, aínda que sen dúbida este campionato servirá para aprender de cara ao futuro. O trío 2 masculino, formado por Antonio Rebouras, José Teófilo e Óscar Avelino, do Kiap de Vigo, lograron o único bronce para a expedición galega de técnica.

A competición desenvolveuse no Palacio Municipal dos deportes Vista Alegre o sábado, a partir das sete da tarde, despois da disputa do Campionato Júnior de Combate, e non rematou ata as once da noite. En total foron 15 horas de competición neste pavillón, nuns campionatos nos que participaron arredor de 600 competidores.

Fonte: Federación Galega de Taekwondo

Vistas:  2285

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds