Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

19.09.2010

Ciclismo >> Santoña convirtiese en talismán para a federación galega de ciclismo.

Das catro medallas en xogo na primeira xornada dos campionatos de España de ciclismo escolar, a delegación galega consigue tres metais. Prata para os homes na crono por equipos, bronce para as mulleres na crono por equipos, e bronce para unha das participantes da crono feminina individual.

Imprimir Atrás

O combinado de catro ciclistas formado por Suso Blanco, Antonio Portela, Anxo Lorenzo e Daniel López consigue a prata na modalidade de crono por equipos, os gañadores foron os Baleares que sacaron aos galegos 3 segundos, no terceiro posto quedaron os cantabros.

En canto ao equipo das mulleres formado por Soraya  Marrozos, Irene Otero, Lorena Sanín e Eva Álvarez, acadaron a medalla de bronce, as vencedoras foron as asturianas, seguidas das catalanas, e terceiras as nosas.

En canto a crono individual Tania acadou o bronce,  estando durante moito tempo en marca de conseguir o ouro.

En canto ao resto da expedición un bo tempo de David Seage, sendo 5º na crono individual, en tanto a  Mediero acadou o posto 13º e 9ª María Verdía.
Mañá toca o turno as probas de fondo tanto en infantil como cadete.

Fonte: Federación Galega de Ciclismo

Vistas:  3509

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds