23.10.2010
Durante o ano 2010 concedéronse un total de 303 subvencións a concellos das 53 comarcas de Galicia.
As axudas permitiron subvencionar instalacións de parques biosaludables grazas as convocatorias destinadas á adquisición de equipamento deportivo.
Coas convocatorias destinadas a subvencionar a realización de obras de construción e mellora de espazos deportivos subvencionáronse, entre outras actuacións, pistas multideportivas, rutas de ciclismo ou sendeirismo, así como pistas urbanas para a práctica do patinaxe e skate.
21.10.2010
Resolución pola que se amplía nos prazos de xustificación das subvencións establecidos nas resolucións do 4 de agosto de 2010 pola que se convocan subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos no ano 2010 e do 5 de agosto de 2010 pola que se convocan subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalacións e espazos deportivos no ano 2010.
24.06.2010
Publícase a convocatoria dos programas de Tecnificación e Rendemento Deportivo no CGTD
21.06.2010
No día de hoxe a Fundación Deporte Galego publicou o listado provisional de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas no marco da convocatoria do programa específico de axudas 2009 para deportistas galegos/as de alto nivel.
04.01.2010
O DOG do 1 de abril de 2009 publica a orde pola que se declara a entidade deportiva creada polo ciclista Óscar Pereiro como Fundación de Interese Galego
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636