Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 2  SeguinteAvanzarÚltima

28.12.2012

PUBLÍCASE A LISTAXE DE AXUDAS CONCEDIDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

Esta resolución é a terceira da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e pola súa clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Londres 2012.

06.08.2012

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO PUBLICA A PRIMEIRA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE BECAS PARA DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO NIVEL, PARA A SÚA PREPARACIÓN DEPORTIVA E POLA SÚA CLASIFICACIÓN PARA OS XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS DE LONDRES 2012.

Son beneficiarios desta primeira resolución os 8 deportistas galegos/as participantes nos XXOO de Londres 2012, que solicitaron esta axuda e cumpren cos requirimentos establecidos nas bases da convocatoria. Reciben unha beca “DESTINO LONDRES”, por importe de 18.000 €, ascendendo a suma destas axudas a 144.000 euros. Iniciados os Xogos Paralímpicos de Londres 2012 concederanse as axudas para os deportistas galegos/as que acadaron a clasificación para os mesmos e que cumpren cos requirimentos das bases, recibindo cada un/unha deles/as unha beca “DESTINO LONDRES 2012” por importe de 18.000 €.

04.07.2012

CONVOCATORIA AXUDAS A DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL. PUBLÍCASE O LISTADO DE SOLICITUDES ADMITIDAS, SOLICITUDES CON DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA E DE SOLICITUDES EXCLUIDAS

A Fundación Deporte Galego publicou o listado provisional de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas no marco da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e pola súa clasificiación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Londres 2012.

24.05.2012

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO PUBLICA A CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL, PARA A SÚA PREPARACIÓN DEPORTIVA E POLA SÚA CLASIFICACIÓN PARA OS XOGOS OLÍMPICOS/PARALÍMPICOS DE LONDRES 2012

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe (xoves 24 de maio) o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e pola súa clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Londres 2012, cunha dotación inicial de 400.000 euros

29.08.2011

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO CONCEDE AXUDAS POR UN IMPORTE DE 450.000 EUROS A 221 DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL

Publícase a resolución da Comisión Permanente da Fundación Deporte Galego pola que se conceden 221 axudas a deportistas galegos/as de alto nivel o que supón un incremento dun 7% de beneficiarios/as respecto a convocatoria do exercicio 2010.

19.05.2011

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO PUBLICA A CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL, PARA A SÚA PREPARACIÓN DEPORTIVA E PARA OBTER A CLASIFICACIÓN PARA OS XOGOS OLÍMPICOS/XOGOS PARALÍMPICOS DE LONDRES 2012

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e para obter a clasificación para os Xogos Olímpicos/Xogos Paralímpicos de Londres 2012, cunha dotación inicial de 450.000 euros.

30.12.2010

A FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO CONCEDE AXUDAS POR MÁIS DE 100.000 EUROS A 34 ENTIDADES ORGANIZADORAS DE CAMPIONATOS DE ESPAÑA OU SIMILARES E FASES DE ASCENSO Á MÁXIMA CATEGORÍA ABSOLUTA

Publícase a resolución da Comisión Permanente da Fundación Deporte Galego pola que se conceden axudas a 34 Entidades que durante o ano 2010 organizaron Campionatos de España ou similares e Fases de Ascenso á máxima categoría estatal absoluta.

20.12.2010

Publicada a resolución coa lista provisional de solicitudes aceptadas, excluídas e pendentes de emenda, para a concesión de subvencións a clubs e agrupacións deportivas escolares.

Publicada a Resolución do 16 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listas provisionais de solicitudes aceptadas, de solicitudes excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da Resolución do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concurrencia non competitiva, a clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

10.12.2010

I Convocatoria de axudas para a organización de Campionatos de España ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta 2010. Publícase o listado de solicitudes admitidas, solicitudes con documentación incompleta e de solicitudes excluídas.

No día de hoxe, a Fundación Deporte Galego publicou a listaxe das solicitudes admitidas, solicitudes con erros ou deficiencias e de solicitudes excluídas, no marco da I Convocatoria de Axudas para a organización de Campionatos de España ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta. Edición 2010.

08.11.2010

Publícase a convocatoria de axudas para a organización de Campionatos de España ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta. Edición 2010

O obxectivo da convocatoria é contribuír ao desenvolvemento de Campionatos de España oficiais ou similares e fases de ascenso á máxima categoría absoluta, na nosa Comunidade Autónoma.

 Resultados por páxina   Páxina 1 de 2  SeguinteAvanzarÚltima

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds