Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

12.04.2012

Triatlón >> Máis de douscentos inscritos no Dúatlon Concello de Santiago que se celebra o sábado 14 de abril

Esta proba é a terceira e última do Circuito Galego de Dúatlon de Estrada.

Imprimir Atrás

O sábado 14 de abril celebrarase o X Dúatlon Concello de Santiago, que conta cunha inscrición de máis de douscentos deportistas (203). Con esta proba remata o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada.

O Dúatlon Cidade de Santiago, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), desenvolverase nos arredores do Estadio de San Lázaro, tendo como punto de saída e de chegada o propio estadio. A proba feminina comezará ás 16:30 horas, mentres que haberá dúas saídas masculinas (ás 16:40 e ás 18:15 para os deportistas de máis nivel). Do percorrido hai que sinalar que no segmento de bicicleta hai un desnivel importante na subida ao Monte do Gozo, cunha ascensión de 2,5 quilómetros en cada volta, na que destacar unha rampla de máis de 500 metros cun desnivel do dez por cento.

Entre os participantes destaca a presenza de Brais Canosa (Arcade Inforhouse), que gañou as dúas primeiras probas do circuíto, así coma de Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial), Roberto Barral (Arcade Inforhouse) ou Óscar Vicente (Cidade de Lugo Fluvial). Na proba feminina, a principal favorita é Marta Jiménez (Cidade de Lugo Fluvial), aínda que Verónica Montes (A.D. Fogar), que está a facer unha gran tempada, tentará loitar polo triunfo.
 
O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada, que finaliza este sábado, está formado por tres probas. A primeira foi a de Guitiriz (os gañadores foron Brais Canosa e Estefanía Domínguez), a segunda foi o Dúatlon Concello de Lugo (Brais Canosa e Aída Valiño, primeiros) e a terceira é a do sábado en Santiago.

Fonte: Federación Galega de Triatlón

Vistas:  574

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds