Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

18.02.2012

Triatlón >> A final do programa "Nada e corre" celebrouse en Pontevedra cunha gran participación

Coa participación de case cen deportistas celebrouse hoxe en Pontevedra a final de "Nada e Corre", un novo programa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos. Entre os gañadores, destacar a vitoria colectiva do Cidade de Lugo Fluvial, trala suma dos resultados de todos os deportistas.

Imprimir Atrás

Hai que destacar a magnífica resposta dos clubs a esta nova iniciativa, xa que houbo unha participación moi importante de nenas e nenos nas catro probas celebradas. En total participaron 510 rapaces nas tres probas clasificatorias e a final foi disputada por 96 deportistas.


Resultados da final "Nada e Corre"


Clubs:
1.    Cidade de Lugo Fluvial 140pts
2.    Tríatlon Compostela 103 pts
3.    Fogar 89

Benxamín feminino:
1.    Henar Cons Gestido (Motobike)
2.    Iria Fernández Díaz (Cidade de Lugo Fluvial)
3.    Marta Budiño Facal (Tríatlon Compostela)
 
Benxamín masculino:
1.    Esteban Basanta Fouz (Cidade de Lugo Fluvial)
2.    Jorge Morado Ruíz (Ferrol)
3.    William Peña Castro (Fogar)

Alevín feminino:
1.    Raquel Ruíz Brage (Ferrol)
2.    Agueda Cons Gestido (Motobike)
3.    Carmen Bello Rodríguez (Mar de Vigo)

Alevín masculino:
1.    Daniel Ríos Graña (Tríatlon Ferrol)
2.    Martin Freije Torneiro (Cidade de Lugo Fluvial)
3.    Arturo Ramos Rey (Tríatlon Compostela)

Infantil feminino:
1.    Aroa Freije Torneiro (Cidade de Lugo Fluvial) 2 Lorena Iglesias Andrade (Cidade de Lugo Fluvial) 3. Rebeca Carnota Fandiño (Fogar)

Infantil masculino:
1.    Víctor Souto Ramos (Fogar)
2.    Marcos Ruíz Brage (Ferrol)
3.    Alejandro Pardo Bello (Fogar)

Cadete feminino:
1.    Xiana Rendo Mallo (Tríatlon Compostela)
2.    Carla Castaño García (Arcade Inforhouse)
3.    Inés Santiago Morón (Tríatlon Ferrol)
 
Cadete masculino:
1.    Daniel Bouzón García (Olímpico de Vedra)
2.    Anxo Lema Saavedra (Olímpico de Vedra)
3.    Andrés Cendán Llorens (Tríatlon Compostela)

Este programa invernal, promovido polos técnicos, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación, de forma moi especial, e a carreira. "Nada e Corre" celebrou durante os meses de xaneiro e febreiro tres probas (Maside, Ferrol e Vilalba), que serviron para lograr a clasificación para a final de hoxe no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (na piscina e nas pistas de atletismo).

As distancias son diferentes segundo a categoría:

s    Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
s    Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
s    Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
s    Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Fonte: Federación Galega de Triatlón

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vistas:  1265

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds