Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Novas

 Resultados por páxina   Primeira  Retroceder  Anterior  Páxina 10 de 16  SeguinteAvanzarÚltima

07.01.2012

A Selección Galega de balonmán cadete masculina proclamouse subcampiona de España.

A Selección Galega de balonmán cadete masculina proclamouse subcampiona de España.

A Selección Galega de balonmán cadete masculina, proclamouse subcampiona de España tras no poder vencer a Cataluña na final celebrada hoxe en Murcia, no pavillón Príncipe Felipe.

07.01.2012

Galicia remata o Campionato de España de Baloncesto acadando dous importantes quintos postos .

Galicia remata o Campionato de España de Baloncesto acadando dous importantes quintos postos .

Galicia remata o Campionato de España de Baloncesto infantil e cadete con dou merecidos 5º postos en infantil feminino e cadete masculino. As cadetes femininas remataron 8ª e a selección infantil masculina rematou onte cunha 9ª posición.

06.01.2012

A selección galega cadete masculina disputará mañá a final contra Cataluña no Campionato de España por Seleccións Autonómicas.

A selección galega cadete masculina disputará mañá a final contra Cataluña no Campionato de España por Seleccións Autonómicas.

A selección galega cadete masculina deu un magnífico regalo de reis a todo o balonmán galego ao lograr clasificarse para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se está a disputar en San Javier (Murcia).Galicia xa ten asegurada a prata pero buscará o ouro fronte a Cataluña (12:30 horas). Ademais, o equipo infantil feminino loitará polo bronce fronte a Navarra, tras perdeu hoxe a semifinal contra Canarias (23-17).

06.01.2012

As Seleccións Galegas de baloncesto loitaron hoxe con bo xogo na penúltima xornada logrando tres victorias merecidas.

As Seleccións Galegas de baloncesto loitaron hoxe con bo xogo na penúltima xornada logrando tres victorias merecidas.

Disputouse a penúltima xornada para Galicia no Campionato de España infantil e cadete por seleccións Autonómicas, onde obtiveron tres victorias e unha soa derrota. A selección infantil masculina despediuse hoxe cun 9º posto, mentres que as seleccións infantil feminina, cadete masculina e cadete feminina, prepáranse para afrontar a derradeira oportunidade nas finais deste Campionato de España.

06.01.2012

As seleccións galegas de baloncesto viviron unha triste xornada de cuartos de final no campionato de España por seleccións autonómicas.

As seleccións galegas de baloncesto viviron unha triste xornada de cuartos de final no campionato de España por seleccións autonómicas.

As derrotas das seleccións infantil feminina, infantil masculina e cadete masculina, ensombreceron a terceira xornada de competición deste campionato de España de Baloncesto que estase a celebrar en Valladolid dende o día dous ata o sete de xaneiro.

05.01.2012

A selección galega de balonmán infantil feminino e cadete masculino lograron onte superar os cuartos de finais e entrar na loita polas medallas.

A selección galega de balonmán infantil feminino e cadete masculino lograron onte superar os cuartos de finais e entrar na loita polas medallas.

Galicia loitaba onte por lograr a clasificación para as semifinais do Campionato de España Infantil e Cadete en tres seleccións. Foron os cadete masculino e infantil feminino, os que lograron entrar nas semifinais que se xogarán o venres 6 de xaneiro.

05.01.2012

Unha victoria e tres derrotas na segunda xornada do Campionato de España de Balonmán infantil e cadete.

Unha victoria e tres derrotas na segunda xornada do Campionato de España de Balonmán infantil e cadete.

Xornada regular para os intereses galegos no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete que se están a disputar en San Javier (Murcia). Tres derrotas (cadete feminino, infantil masculino e infantil feminino) e unha victoria (cadete masculino).

05.01.2012

Gran segunda actuación da Selección Galega de Baloncesto que rematou onte a xornada cun gran balance positivo de victorias, acadando a clasificación para cuartos de finais en 3 dos 4 equipos.

Gran segunda actuación da Selección Galega de Baloncesto que rematou onte a xornada cun gran balance positivo de victorias, acadando a clasificación para cuartos de finais en 3 dos 4 equipos.

As dúas seleccións cadetes e a infantil feminina rubricaron coas súas vitorias na segunda data de competición, o seu pase a cuartos de final neste Campionato de España. Así mesmo, as xogadoras infantís, , confirmaron de vez o seu ascenso ao Grupo Especial para a temporada que ven.

04.01.2012

As catro seleccións galegas afrontan a súa primeira xornada do Campionato de España de Baloncesto Infantil e Cadete.

As catro seleccións galegas afrontan a súa primeira xornada do Campionato de España de Baloncesto Infantil e Cadete.

Primeira e esixente xornada para os galegos en Valladolid que rematou con tres victorias nos sete encontros disputados.

03.01.2012

Pleno de victorias para a selección cadete feminina e a infantil masculina no Campionato de España de Balonmán

Pleno de victorias para a selección cadete feminina e a infantil masculina no Campionato de España de Balonmán

Na primeira e esixente xornada do Campionato de España Infantil e Cadete, que se está a disputar en San Javier (Murcia), Galicia obtivo seis victorias nos oito encontros celebrados este martes 3 de xaneiro.

03.01.2012

A Selección Galega de Balonmán atópase desde hoxe en Murcia para competir no Campionato de España por seleccións autonómicas.

As catro seleccións galegas de balonmán infantil e cadete (masculina e feminina) chegaron esta tarde a Murcia, onde dará comezo mañá día 3 de xaneiro, o Campionato de España 2012.

03.01.2012

A Selección Galega de Baloncesto atópase en Valladolid para competir no Campionato de España por seleccións autonómicas.

A  Selección Galega de Baloncesto atópase en Valladolid para competir no Campionato de España por seleccións autonómicas.

As catro seleccións galegas de baloncesto infantil e cadete (masculina e feminina) chegaron esta tarde a Valladolid onde dará comezo, mañá día 3 de xaneiro, o Campionato de España 2012.

 Resultados por páxina   Primeira  Retroceder  Anterior  Páxina 10 de 16  SeguinteAvanzarÚltima

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds