Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia

Centro

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) naceu en 1987 en Pontevedra aproveitando as instalacións do Estadio da Mocidade e a Residencia Atlático, que co paso do tempo foise transformando nun moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas da nosa comunidade e que na actualidade dá cabida ás principais promesas da nosa comunidade.

Desde a súa posta en marcha o centro contou con seccións de bádminton, atletismo, natación, judo, taekwondo, remo, loita, piragüismo e tríatlon. Na actualidade hai seccións permanentes os últimos oito deportes mencionados.

Nesta tempada hai 170 deportistas estarán bolseiros, dos cales 90 son internos. Deportistas en período de tecnificación, outros en rendemento e un nutrido grupo de deportistas de elite, que son o espello no que os máis novos miran. O esforzo e a superación de David Cal, Gustavo Dacal, Javi Gómez Noya ou Teresa Portela sirven para saber cal é o camiño para chegar á elite mundial.

A lista de deportistas que chegaron á cima das súas modalidades logo de formarse neste Centro é moi longa. Ademais dos David Cal, Javi Gómez Noya ou Teresa Portela, tamén pasaron polo centro: Juan Zunzunegui, María Abel, David Mascato, Paula Carballido, Estefanía Hernández ou Carlos Pérez (Perucho)... moitos deles ou seguen vinculados a esta instalación. Esa é a demostración do bo traballo realizado.

O CGTD é unha instalación crave na formación dos deportistas galegos, pero tamén no desenvolvemento da actividade diaria dos clubs pontevedreses, que a utilizan coas maiores das facilidades. Esta instalación foi fundamental e sigue séndoo nesta cidade. Clubs de balonmán, baloncesto, voleibol, fútbol sala, atletismo ou natación úsanas.

Enmarcadas no programa galego de tecnificación todos os veráns levanse a cabo concentracións de diferentes modalidades para a consecución de obxectivos como a preparación de determinadas competicións nacionais e internacionais ou a detención de novos talentos.

Unhas concentracións que fan que cada verán pasen 500 deportistas de nove disciplinas polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

© Secretaría Xeral para o Deporte -  Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636

Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds