a) Área de Alto nivel e de Promoción do deporte. Responsabilizase das convocatorias de axudas, dos convenios e dos patrocinios publicitarios nas súas fases de asignación, seguimento e xustificación.
O equipo de traballo previsto para 2010 é:
- Coordinador: un director técnico.
- Persoal de apoio: un técnico e un auxiliar administrativo.
b) Área de programas e eventos. Responsabilizase da organización e execución dos programas e eventos promovidos pola Fundación directamente ou en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte ou outras entidades.
O equipo de traballo previsto para 2010 é:
- Coordinador: un director técnico.
- Persoal de apoio: dous técnicos e un auxiliar administrativo.
- Persoal do Programa de cooperación (14 persoas)
c) Área de xestión de instalacións deportivas. Responsabilizase da xestión das instalacións encomendadas á Fundación, mediante sistemas de xestión directos ou indirectos.
O equipo de traballo previsto para 2010:
- Coordinador de Instalacións deportivas
- Tres directores técnicos.
d) Área de comunicación. Responsable da comunicación institucional, da comunicación das actividades propias e das actividades subvencionadas e patrocinadas e das campañas de comunicación.
O equipo de traballo previsto para 2010 é:
- Coordinador: o xerente.
- Persoal de apoio: un auxiliar administrativo.