06.01.2012
A selección galega cadete masculina deu un magnífico regalo de reis a todo o balonmán galego ao lograr clasificarse para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se está a disputar en San Javier (Murcia).Galicia xa ten asegurada a prata pero buscará o ouro fronte a Cataluña (12:30 horas). Ademais, o equipo infantil feminino loitará polo bronce fronte a Navarra, tras perdeu hoxe a semifinal contra Canarias (23-17).
06.01.2012
Disputouse a penúltima xornada para Galicia no Campionato de España infantil e cadete por seleccións Autonómicas, onde obtiveron tres victorias e unha soa derrota. A selección infantil masculina despediuse hoxe cun 9º posto, mentres que as seleccións infantil feminina, cadete masculina e cadete feminina, prepáranse para afrontar a derradeira oportunidade nas finais deste Campionato de España.
06.01.2012
As derrotas das seleccións infantil feminina, infantil masculina e cadete masculina, ensombreceron a terceira xornada de competición deste campionato de España de Baloncesto que estase a celebrar en Valladolid dende o día dous ata o sete de xaneiro.
05.01.2012
Galicia loitaba onte por lograr a clasificación para as semifinais do Campionato de España Infantil e Cadete en tres seleccións. Foron os cadete masculino e infantil feminino, os que lograron entrar nas semifinais que se xogarán o venres 6 de xaneiro.
05.01.2012
Xornada regular para os intereses galegos no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Cadete que se están a disputar en San Javier (Murcia). Tres derrotas (cadete feminino, infantil masculino e infantil feminino) e unha victoria (cadete masculino).
05.01.2012
As dúas seleccións cadetes e a infantil feminina rubricaron coas súas vitorias na segunda data de competición, o seu pase a cuartos de final neste Campionato de España. Así mesmo, as xogadoras infantís, , confirmaron de vez o seu ascenso ao Grupo Especial para a temporada que ven.
04.01.2012
Primeira e esixente xornada para os galegos en Valladolid que rematou con tres victorias nos sete encontros disputados.
03.01.2012
Na primeira e esixente xornada do Campionato de España Infantil e Cadete, que se está a disputar en San Javier (Murcia), Galicia obtivo seis victorias nos oito encontros celebrados este martes 3 de xaneiro.
03.01.2012
As catro seleccións galegas de balonmán infantil e cadete (masculina e feminina) chegaron esta tarde a Murcia, onde dará comezo mañá día 3 de xaneiro, o Campionato de España 2012.
03.01.2012
As catro seleccións galegas de baloncesto infantil e cadete (masculina e feminina) chegaron esta tarde a Valladolid onde dará comezo, mañá día 3 de xaneiro, o Campionato de España 2012.
02.01.2012
As seleccións galegas infatís e cadetes ( masculinas e femininas), viaxan hoxe hacia Valladolid para particar no Campionato de España por seleccions en idade escolar que tera lugar entre o 2 e o 7 de xaneiro. A Selección Galega comeza o ano facendo frente a a un dos seus retos máis importantes.
01.01.2012
As seleccións galegas infatís e cadetes ( masculinas e femininas) viaxan hoxe hacia Murcia para comezar o ano 2012 enfrontando o principal reto da temporada, o Campionato de España por seleccións en idade escolar.
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636