24.05.2012
O vindiro domingo día 27 de maio celebrase o Campionato Galego de Natación Sincronizada na cidade de A Coruña, na piscina do “Club del mar de San Amaro”.
Os/as deportistas nesta competición requiren dunha serie de elementos iguais para todas as categorías participantes. Consta de dúas xornadas. Na 1ª xornada execútase de xeito individual e por separado, estirado de costas e tonel. Na 2ª xornada realízase remada estándar e egg-beater.
Esta modalidade deportiva ten un gran atractivo pola súa coreografía e vistosidade polo que se agradece de antemán a asistencia a esta cita, colofón da actividade de Natación Sincronizada en Idade Escolar .
Vistas: 556
© Secretaría Xeral para o Deporte -
Aviso legal
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta nº 4 - 15781 Santiago de Compostela - Tlf.: 981 542 621 Fax: 981 542 636